A Asociación Galega de Catadores é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa ós principales catadores galegos. O colectivo está formado por 32 (número que equivale a dúas olas de viño) profesionais de distintas procedencias, relacionados coa vitivinicultura: 7 enólogos, 7 sumilleres, 6 directores técnicos de Consellos Reguladores, 3 docentes, 2 bodegueros, 2 maitres, 2 escritores de viño, 2 enxeñeiros agrónomos e 1 economista.
As cualidades individuais de seus membros, a diversidade da súa procedencia profesional, o esprito participativo e os obxectivos cos que se creou esta Asociación, convírtena nunho dos máis potentes grupos de cata de España.
Este portal convertirase no vínculo de traballo e unión dos asociados, unha páxina viva dende a que se aportará información sobre o sector do viño.