Os días 7 e 8 de xuño celebrarase novamente en Ourense a terceira edición do Vinis Terrae, o Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, que este ano incrementa a proporción de importadores e distribuidores nacionais.
O Salón contará este ano coa participación de 67 expositores das denominacións de orixe galegas, con especial presenza de Rías Baixas e Ribeiro; así como con compradores procedentes de 23 países potencialmente interesados en viños e licores galegos, como Malaisia, Singapura, China, Perú, Colombia ou Guatemala, que poden converterse en destinos interesantes para os produtos agroalimentarios galegos.
Tamén se reforzou a presenza dos distribuidores nacionais a través dos centros comerciais, cadeas de hipermercados ou supermercados para os que traballan.
Os viños e licores de calidade que presentarán neste salón cobren todos os segmentos comerciais, dende viños novos da última engada ata outros de barrica, tostados ou augardentes envellecidas.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Luns, 7 de xuño
10.15 h. - Acto oficial de inauguración da feira.
11.00 h. Presentación da D.O. Monterrei.
11.45 h. - Presentación da D.O. Rías Baixas.
16.30 h. - Presentación da D.X. Licores e Augardentes.
18.00 h. - Acto de Entrega das Medallas de Ouro de Radio Turismo - Cata Aulincat- Vinis Terrae 2010.
Martes, 8 de xuño
10.00 -11.15 h. - Seminario "VinoLOGa e exporta". Mercadotecnia 2.0 para posicionar internacionalmente o sector vitivinícola de Galicia.
Imparte: D. Víctor Sixto. Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
11.00 h. - Presentación da D.O. Ribeira Sacra.
11.30- 13.00 h. - Xornada: "Novas alternativas de comercialización de viños para as pequenas adegas. Experiencias prácticas". Imparte:Juan Carlos Suarez Penas. Enxeñeiro Técnico Agrícola e Máster en Enoloxía e Viticultura. Organiza: UPTA Galicia.
11.45 h. - Presentación da D.O. Ribeiro.
12.30 h. - Presentación da D.O. Valdeorras.
13.30 h. - Presentación de "Galicia Calidade".
17.00 h. - Proxección do documental "A pedir de Boca- Rutas Turístico-Gastronómicas da provincia de Ourense".