Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

O Concello de Ponferrada organiza por terceiro ano o Concurso de Viños do Noroeste.  O alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco;  a concelleira de Cultura, Turismo e Xuventude, Susana Téllez; e o sumiller e director técnico do Concurso Luis Paadin, presentaron o pasado luns 3 de maio en Ponferrada e o 6 de maio en Ourense esta terceira edición, na que se prevé que participen marcas de viños de 17 denominacións de orixe do noroeste de España e 8 do norte de Portugal.  
En concreto, o Concurso está aberto á participación de todas as variedades de viños brancos, rosados e tintos elaborados en adegas de Castilla e León, Galicia, Asturias, País Vasco e as rexións situadas ao norte do Duero en Portugal.

Como novidade, este ano incorpórase unha nova categoría para os viños brancos doutras elaboraciones, na que entrarán por primeira vez os viños das zonas límite da "Liña de Wagner", como os viños verdes de Portugal ou os txakolís do País Vasco.

As catas dos viños a concurso realizaranse os días 8 e 9 de xuño no Castelo dos Templarios de Ponferrada, e será un xurado de 30 catadores (sumilleres, xornalistas especializados, comités de cata dos consellos reguladores, enólogos e responsables de compra) o que outorgue as puntuacións. Os viños que consigan as puntuacións máis altas en cada categoría recibirán o Premio de Ouro Especial, igualmente concederanse medallas de ouro aos mellor puntuados en cada categoría (ata un 8% dos inscritos) e medallas de prata aos seguintes (ata un 16% dos inscritos).

A entrega de premios realizarase nunha Cea de Gala o 18 de xuño de 2010, tamén no Castelo dos Templarios.


Nove categorías

O III Concurso de Viños de Noroeste contará nesta edición con nove categorías: Viños brancos "novos", viños brancos envellecidos ou fermentados en madeira, viños brancos outras elaboraciones, viños rosados, viños tintos "novos", viños tintos envellecidos en madeira da colleita 2007 ou posteriores, viños tintos envellecidos en madeira da colleita 2003 ou anteriores e viños tintos monovarietales de uva mencía.

As adegas que queiran participar deberán enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento das taxas correspondentes antes das 20.00 horas do día 3 de xuño. Ese día será tamén a data tope para que envíen as mostras dos viños cos que queiran concursar, que deberán ser tres botellas de 750 ml por cada viño.


Liña de Wagner

Ponferrada está situada no corazón da chamada "liña de Wagner", ao seu paso polo Noroeste peninsular, e aproveitando esta situación, quere ser tamén o centro dun Concurso propio para os distintos varietales da zona.

A "Liña de Wagner" parte da zona de Portugal situada ao norte do Duero, atravesa o noroeste de España e intérnase no resto de Europa ata Ucrania. As variedades viníferas desta liña proceden do cruzamento de proles orixinarias da cunca do Mediterráneo con vides silvestres do norte dos Pireneos e o Alpes, que adaptadas  milenariamente a unha climatoloxía de marcado carácter atlántico producen viños brancos e rosados frescos e aromáticos, ao igual que tintos frescos e inimitables, cun claro potencial de envellecemento.

Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net