Xa está aberto o prazo de inscrición ao concurso Ambassadeurs du champagne. Un certame, no que se darán cita os oito países que constitúen os principais mercados europeos do Champagne (Alemaña, Bélxica, España, Francia, Gran Bretaña, Italia, Holanda e Suíza), e que nace co desexo de recoñecer o traballo dos que forman aos futuros profesionais do sector e dos que contribúen a dar a coñecer os viños de Champagne a través do seu ensino.
Poderán participar todos aqueles profesionais que exercen algunha actividade vinculada ao ensino do Champagne en escolas de hostalaría, centros de formación ou clubs de enoloxía e degustación de calquera dos países participantes. O tema a desenvolver durante o Concurso Ambassadeurs du Champagne 2010 será A DIVERSIDADE DO CHAMPAGNE.
Os candidatos interesados deberán inscribirse na páxina web do concurso (www.ambassadeurschampagne.com) dende o 2 de abril ata o 5 de xullo de 2010, Además, na web atoparán o informe de candidatura que deberán cumprir e remitir á oficina de representación do país en que residen e exercen a súa actividade profesional. A final nacional do concurso terá lugar o 15 de setembro en Barcelona e a europea o mes de outubro na rexión francesa de Champagne.
Bases do concurso e informe de candidatura en: www.ambassadeurschampagne.com