Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

A organización de Riberexpo decidiu converter esta importante feira do viño nun evento bienal, aberto a todas as denominacións de orixe de Castilla e León. Desta forma, a feira toma un caracter "moito máis plural e enriquecedor para o visitante".  
"Na feira confluirán caldos de dez denominacións de orixe -explican-. Viños tintos, brancos, rosados e escumosos mostraranse nun mesmo marco, pretendendo dar unha dimensión internacional aos viños da terra de Castilla e León".
A organización de Riberexpo cre que é o momento de abrir o abano de posibilidades que ofrece a feira aos seus visitantes, e lonxe de vivir do pasado, "pretende innovar coa mente posta na apertura de novos horizontes". "Son varios os meses que se levan traballando para engrandecer esta feira e convertela no mellor escaparate internacional para os viños de Castilla e León", comentan.
A próxima edición de Riberexpo celebrarase o mes de maio do 2011, e a organización ten previsto informar de todas as novidades na páxina web www.riberexpo.com.

Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net