Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

O sumiller coruñés Eduardo Pardo recibirá o próximo 24 de febreiro en Santiago de Compostela o Premio Picadillo 2010 ao maitre-sumiller outorgado polo
Forum Gastronómico de Santiago, que distingue a persoas ou entidades que coa súa traxectoria contribuiron de forma sobresainte e destacada ao fomento e consolidación da gastronomía galega.    
Fórum Gastronómico e INCOLSA (Turismo de Santiago) crearon no ano 2008  os Premios Picadillo en póstumo homenaxe ao histórico gastrónomo galego,  coa vontade de que representen o firme compromiso do Fórum Gastronómico con Galicia e a súa gastronomía.

O obxectivo dos Premios Picadillo é recoñecer a labor exemplar levada a cabo dende diversos ámbitos profesionais de actividade entorno á gastronomía e premiar traxectorias profesionais modélicas. As disciplinas e campos de actuación a que se refiren os Premios son a cociña no seu sentido más amplo, o servizo de sala de restaurante, os viños, a produción agroalimentaria e a divulgación ou, no seu caso, a formación.

A entrega dos Premios Picadillo 2010 terá lugar no recinto de Amio de Compostela e formará parte das actividades programadas no próximo Fórum Gastronómico Santiago’10. A ceremonia está programada para o mércores 24 de febreiro ás 18,45 horas no escenario Auditorio.

 

Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net