Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

A Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA, en Asemblea Extraordinaria celebrada na Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago de Compostela, renovou a súa Xunta Directiva (por unha grande maioría de votos ao seu favor), quedando constituída por: Mercedes González, Luis Paadín, Alberto Román y Eugenio Rodríguez.  
- Presidenta: Mercedes González Rodríguez. Monitora de Hostalaría e Asesora dos Restaurantes Paprica, La Barra e Colón en Lugo.

- Vicepresidente: Luis L. Paadín. Monitor de Hostalaría, freelance.
   
- Secretario: Alberto Román García Cancio. O Cabás e Cortello de Ribadeo-Lugo.
   
- Tesoureiro: Eugenio Rodríguez Suárez. Vinoteca Cosecha do 64. A Coruña.
   
Co desexo de afondar nos criterios fundacionais de Gallaecia, de formación e información, afrontamos esta nova etapa con ilusión e rigor. Potenciarase así mesmo o carácter informativo das Distincións Gallaecia (Concurso de Viños Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño do Goberno de España). Acometeremos tamén outros obxectivos como a formación, información, organización de viaxes enológicos nacionais e internacionais, colaborar estreitamente cos CC.RR e traballar xunto a estes na defensa e promoción dos viños e produtos agroalimentarios con selos de calidade galegos.


Na foto, de ida. A dcha Eugenio Rodríguez, Alberto Román, Mercedes González e Luís Paadín.

Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net