O venres 16 de outubro, baixo o patrocinio de Termatalia, a Asociación Galega de Catadores realizará unha Cata de Augas Internacionais en colaboración coa ADAM (Associazione Degustatori Acque Minerali) e Expourense.
A cita, que terá lugar ás 18.00 horas no recinto feiral de Expourense, servirá para catar augas de dez mananciais de diferentes partes do mundo, algúns deles tan exóticos e afastados como Finlandia, Nova Zelandia, Tasmania ou Sudáfrica.
A cata será descuberta e comentada por destacados membros da ADAM. A participación está aberta aos asociados ata cubrir auditorio.