Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

Un ano máis celébrase o Torres Quiz Master, un trepidante concurso de preguntas e respostas relacionadas co mundo do viño que poñen a proba tanto os coñecementos vitícolas e enológicos como o sangue frío e rapidez dos concursantes. As probas previas realizaranse o 21 de setembro en A Coruña, Barcelona, Bilbao, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Santa Cruz de Tenerife e Valencia.  
A IV edición do Torres Quiz Master está aberta a camareiros e directores de restaurante, camareiros de viño, sommeliers, axudantes de bar e directores de compra de restaurantes e hoteis. Pero só 18 participantes, seleccionadas nas probas previas que se celebrarán o 21 de setembro en varias cidades de España, medirán os seus coñecementos sobre o mundo do viño no "divertido" concurso.

Deles, seis finalistas pasarán a unha proba de recoñecemento de aromas, da que sairán os tres que pasarán á rolda final de preguntas. O primeiro premio do TQM será unha volta ao mundo vinícola para dúas persoas, visitando España, California e Chile; así como un trofeo realizado por prometedores artistas cataláns.

O segundo premio será unha viaxe para dúas persoas á rexión do Champagne e o terceiro premio, unha viaxe á rexión de Normandía. Igualmente entregarase o Trofeo Mas la Plana ao gañador da proba de aromas.




Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net