Notice: ¡SSI.php non puido cargar unha sesion! Isto pode causar problemas con algunhas funcións, tales como ingresar ou saír - ¡Favor de se asegurar que SSI.php este incluído sempre ó principio *antes de calquera outro codigo* en tódolos teus scripts! in /home/lacatan/public_html/smf/SSI.php on line 169
 
.

Entre o 5 e o 7 de outubro celebrarase no Bilbao Exhibition Center a 2ª Feira Profesional da Gastronomía e Alimentación, un certame dirixido unicamente a profesionais do sector da gastronomía, dentro do que se celebrará o II Concurso Internacional de Viños Foccus 2009.  
Ao igual que na primeira edición, a Feira se articula en torno a unha exposición de produtos innovadores e de calidade e un programa de actividades novidosas e interesantes, dirixidas única e exclusivamente aos profesionais do sector, especialmente a aqueles da canle HORECA.

Así, o certame congregará produtores e fabricantes, institucións (consellos reguladores, deputacións, gobernos autónomos...), distribuidores e almacenistas, elaboradores de cestas e regalos gastronómicos, franquías, provedores de maquinaria, material e servizos hostaleiros.

Os profesionais, protagonistas do certame, cociñarán intercambios de experiencias, servirán os coñecementos máis avanzados e catarán as novas tendencias, técnicas e de xestión nos sectores da alimentación, a gastronomía e hostalaría.

II Concurso Internacional de Viños Foccus 2009

Entre as actividades previstas dentro do Foccus Bilbao 2009 celebrarase II Concurso Internacional de Viños Foccus 2009, no que poderán participar produtos procedentes de calquera país do mundo que se axusten á tipoloxía de Viños Tintos, Viños Brancos e Rosados, Viños Escumosos, con calquera dose de azucres residuais e Viños Doce e Xenerosos.

O organizador do concurso é Xocunda Academia del Buen Libar, o club privado de cata de maior antigüidade en España, de prestixio internacional, formado por consumidores finais e expertos na análise sensorial e a cultura do viño.


Estrelas Michelín

Igualmente, a Feira contará coa colaboración dos restauradores Fernando Canales e Pedro e Marcos Morán, galardoados coa Estrela Michelín, que elaborarán en directo o "Menú Foccus" ou "Menú das Estrelas".

Asociación Galega de Catadores Política de privacidade info@lacata.net