A Asociación Galega de Catadores foi invitada a formar parte do comité da Cata dos viños de Galicia e da Cata de Augardentes de Galicia 2009, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de setembro en Santiago de Compostela e que concederá os coñecidos Acios.
Este é o Concurso Oficial de Viños e Augardentes convocado pola Xunta de Galicia e, sen lugar a dúbidas, o premio máis prestixioso do sector de cantos se celebran en Galicia.
Por iso, é un orgullo para a Asociación Galega de Catadores participar tanto no panel de cata como o xurado dos Acios.